Monday 06 de May de 2024

As mellores películas no Cineclube de Cambre


Este mes de febreiro comeza, na casa da cultura de Cambre Vila Concepción, o Cineclube que trae as mellores películas e invitados

O vindeiro 18 febreiro ás 19:00h na Casa da Cultura Vila Concepción (O Temple). O ciclo comeza coa película Whiplash, producción dramática estadounidense escrita e dirixida por Damien Chazelle, sobre a historia dun ambicioso baterista de jazz por triunfar no elitista conservatorio de música da costa Este. Cando o estrito profesor Fletcher (J.K. Simmons) decide darlle unha oportunidade, a vida do protagonista cambiará. Nesta ocación estará presente coma convidado especial para o coloquio posterior David Perdomo, actor, cómico e monologuista. O ciclo continuará durante os vindeiros meses, con títulos como Annie Hall (17 de marzo) do aclamado director Woody Allen, entre outros…